RETOS ABERTOS
Detecta oportunidades de mellora e achega ideas para avanzar cara a un sistema sanitario máis áxil, eficiente e resolutivo.
01
Cres que o “sempre se fixo así” non é sinónimo de “é a mellor maneira de facelo”?
02
Consideras que os procesos se poden simplificar para ser máis áxiles e resolutivos?
03
Paréceche que hai fórmulas para mellorar a calidade dun servizo sanitario reducindo custos ao mesmo tempo?
04
Ocórreseche a maneira de mellorar a comunicación entre os profesionais e os usuarios?
05
Tes ideas prácticas para facilitar a atención aos pacientes nos seus fogares?
TES UNHA IDEA OU UNHA PROPOSTA DE MELLORA?

Se es un profesional do Sergas, un docente, un coidador, unha empresa ou entidade colaboradora e respondiches que si a algunha destas cuestións ou tes unha idea que consideres igual de útil, anímate a participar na Plataforma de Innovación Sanitaria.

As propostas recibidas serán priorizadas segundo os retos e as necesidades recollidas no Plan de Prioridades Sanitarias e nas estratexias da Consellería e do Servizo Galego de Saúde.

Participa na Plataforma de Innovación Sanitaria →
RETOS E NECESIDADES DE INNOVACIÓN
Necesidades asistenciais +
Ferramentas de formación e avaliación.      
Integración asistencial entre niveis. Desenvolvemento de programas asistenciais integrados.      
Modelos de xestión de enfermidades crónicas. Pacientes pluripatolóxicos e oncolóxicos.      
Modelos de atención a colectivos específicos (anciáns, mulleres, nenos e saúde mental).      
Procesos de alta resolución.      
Procesos de atención domiciliaria e alta hospitalaria precoz.      
Servizos non presenciais. Mellora da accesibilidade dos cidadáns. Servizos multicanal.      
Programas de prevención e promoción da saúde.      
Modelos de atención sociosanitaria.      
Coidados paliativos.      
Implantación de sistemas de xestión da calidade.      
Sistemas de mellora da prescrición.      
     
Necesidades de xestión do persoal +
Ferramentas de formación e avaliación.      
Ferramentas de xestión do coñecemento.      
Ferramentas de comunicación entre profesionais, difusión de información, interacción e participación.      
     
Necesidades de sistemas de información +
Dotación do profesional de ferramentas que aumenten a súa capacitación e rendemento.      
     
Necesidades de xestión de recursos +
Alternativas á hospitalización.      
Diagnóstico por imaxe en rede.      
Plans de austeridade, identificadores de gasto.      
     
Relación con axentes implicados no crecemento do sector sanitario +
Ferramentas de protección e transferencia de resultados de investigación.      
Sistemas de valorización de resultados de investigación.      
Implicación do sector privado.      
Creación de espazos de innovación, puntos de encontro entre axentes internos e externos.      
Creación do Clúster de Saúde de Galicia.      
Establecemento de canais de internacionalización.      
     
Outras necesidades +
Demora no diagnóstico de doenzas graves.      
Demora nas intervencións cirúrxicas.      
Gasto farmacéutico.      
Demora na realización de probas.      
Tratamento humanizado.      
     
Prioridades sanitarias +
Cardiopatía isquémica.      
Cancro de pulmón.      
Ictus / ECV.      
Diabetes Mellitus.      
Depresión / Trastorno de ansiedade.      
EPOC.      
Cancro de colon.      
Cancro de mama feminino.      
     
Determinantes da aparición de enfermidades asociadas aos estilos de vida +
Tabaco.      
Sedentarismo.      
Diabetes.      
Obesidade.      
Contaminación ambiental.      
     
Problemas prioritarios de dereitos e procesos +
Demora en consultas externas.      
Demora para probas diagnósticas en consultas externas.      
Tempo de demora para o ingreso non urxente.      
Ambulatorización con cirurxía maior ambulatoria.      
Estadía media en centros públicos.      
Sistemas de información para profesionais sanitarios.      
Extensión do aseguramento público aos residentes en Galicia.      
Información sobre dereitos, deberes e prestacións na Seguridade Social.      
Taxa de cesáreas.      
     
As propostas recibidas serán priorizadas segundo os retos e necesidades recollidos nos instrumentos de planificación sanitaria correspondentes.

Plataforma de Innovación Sanitaria

Unha canle da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde xestionado pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde para transformar o sistema coa implantación dun modelo de innovación aberta e de enfoque social.

Contacto:
Área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria
Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)
Plataforma.Innovacion@sergas.es
(+34) 981 555 103