REXISTRO DE ENTIDADES

Na Plataforma de Innovación Sanitaria poderán rexistrarse entidades, centros, empresas ou outros organismos implicados no ecosistema de innovación na saúde.

Para dar de alta a súa entidade por primeira vez, siga os pasos que se detallan a continuación:

PASO 1: Formulario de rexistro

Acceda ao formulario de inscrición​ e cubra os seguintes datos obrigatorios:

  • Datos de identificación: Nome da entidade e breve descrición da súa actividade ou centro.​
  • Información de contacto: Correo electrónico da entidade, nome da persoa de contacto e dirección postal.
  • Teléfono: Introduza o número sen espazos nin guións.
  • Capacidades: Detalle as capacidades tecnolóxicas principais, secundarias e complementarias da entidade.
🔒 Seguridade da conta: Deberá crear un contrasinal que conteña, como mínimo, unha letra maiúscula, unha letra minúscula, un número e un símbolo.

PASO 2: Verificación do correo electrónico

Unha vez enviado o formulario, recibirá un correo electrónico de forma inmediata. Faga clic na ligazón incluída nese verso para validar o seu usuario.

PASO 3: Validación e acceso final

O equipo validador da plataforma revisará os datos aportados coa maior brevidade posible para comprobar que se cumpren os requisitos de acceso.

Recibirá unha notificación automática por correo electrónico en canto a súa solicitude sexa aprobada. A partir dese momento, a súa entidade estará visible e activa na plataforma.

PASO 4: Optimización do perfil

Tras a verificación da súa conta, poderá acceder á súa área privada dentro da plataforma para completar o perfil da entidade engadindo o logotipo e as ligazóns ás súas redes sociais.​

💡 Que utilidades ofrece o rexistro?

  • Visibilidade: formar parte dun catálogo do sector de innovación sanitaria.
  • Networking: conectar con outros axentes do ecosistema e marcar as túas ideas innovadoras favoritas, que se agruparán nun apartado da túa área privada.
  • Sinerxias: compartir capacidades tecnolóxicas e atopar socios (partners) para proxectos colaborativos.​
 rexistro usuarios.png

Plataforma de Innovación Sanitaria

Unha canle da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde xestionado pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde para transformar o sistema coa implantación dun modelo de innovación aberta e de enfoque social