REXISTRA A TÚA ENTIDADE DE I+D+i
Crea o perfil da túa entidade na Plataforma de Innovación Sanitaria para dar a coñecer as túas capacidades e facilitar novas conexións e colaboracións no ecosistema de I+D+i en saúde.
01
CREA O PERFIL
Introduce os datos básicos e as capacidades da túa entidade.
02
VERIFICA O CORREO
Recibirás un correo electrónico para validar o teu usuario.
03
AGARDA Á VALIDACIÓN
A Plataforma revisará os datos achegados antes de activar o perfil.
04
COMPLETA O TEU PERFIL
Engade información adicional para dar maior visibilidade á túa entidade.
PASO 1 · Crea o perfil da túa entidade
Accede ao formulario de inscrición e introduce os datos obrigatorios da túa entidade.
Identificación
Nome da entidade e breve descrición da súa actividade ou centro.
Contacto
Correo electrónico da entidade, nome da persoa de contacto e dirección postal.
Teléfono
Introduce o número sen espazos nin guións.
Capacidades
Detalla as capacidades tecnolóxicas principais, secundarias e complementarias da entidade.
Seguridade da conta: deberás crear un contrasinal que conteña, como mínimo, unha letra maiúscula, unha letra minúscula, un número e un símbolo.
Ir ao formulario de rexistro →
PASO 2 · Verifica o teu correo electrónico
Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo electrónico de forma inmediata. Fai clic na ligazón incluída nese correo para validar o teu usuario.
PASO 3 · Agarda á validación

O equipo validador da Plataforma revisará os datos aportados coa maior brevidade posible para comprobar que se cumpren os requisitos de acceso.

Recibirás unha notificación automática por correo electrónico en canto a túa solicitude sexa aprobada.

A partir dese momento, a túa entidade estará visible e activa na Plataforma.
PASO 4 · Completa o teu perfil
Tras a verificación da túa conta, poderás acceder á túa área privada para completar o perfil da entidade engadindo o logotipo e as ligazóns ás súas redes sociais.
COMO AXUDA ESTAR NA PLATAFORMA?
Visibilidade
Da a coñecer a túa entidade e as súas capacidades dentro do ecosistema de innovación sanitaria.
Conexión
Facilita que outros axentes poidan identificar entidades con capacidades ou intereses complementarios.
Colaboración
Favorece o contacto con posibles socios para explorar proxectos e colaboracións.
A túa entidade xa forma parte do ecosistema.
Comparte as túas capacidades, descubre outras entidades e explora novas oportunidades de colaboración. 
Contidos relacionados

Plataforma de Innovación Sanitaria

Unha canle da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde xestionado pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde para transformar o sistema coa implantación dun modelo de innovación aberta e de enfoque social.

Contacto:
Área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria
Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)
Plataforma.Innovacion@sergas.es
(+34) 981 555 103