REXISTRO DE IDEAS
Antes de cubrir o formulario para introducir unha nova idea innovadora na Plataforma de Innovación Sanitaria deberán rexistrarse como Usuarios da plataforma e, posteriormente, Iniciar sesión co seu correo electrónico e contrasinal para poder rexistrar a idea.
A continuación, vamos a indicar os pasos a seguir para este procedemento:
PASO 1: Formulario de rexistro de usuario
Acceda ao formulario de inscrición e cubra os seguintes datos obrigatorios:
- Datos de identificación: Nome e apelidos da persoa.
- Información de contacto: Correo electrónico da persoa.
- Teléfono: Introduza o número sen espazos nin guións.
🔒 Seguridade da conta: Deberá crear un contrasinal que conteña, como mínimo, unha letra maiúscula, unha letra minúscula, un número e un símbolo.
PASO 2: Validación do usuario
Unha vez enviado o formulario, recibirá un correo electrónico de forma inmediata. Faga clic na ligazón incluída nese verso para validar o seu usuario.
PASO 3: Inicio de sesión e rexistro de ideas innovadoras
Unha vez validado o usuario por vostede mesmo, xa poderá iniciar sesión na plataforma e acceder á súa área privada.
Dentro desta área privada, poderá cambiar os seus datos persoais, así como o contrasinal.
Así mesmo, tamén poderá rexistrar as súas ideas innovadoras.
Se desexa crear unha nova idea, deberá considerar incluir os seguintes campos:
- Nome da idea e acrónimo: asigne un nome á idea que desexa presentar, así como un acrónimo.
- Grupo que propón a idea, de ser o caso.
- Data de elaboración: indicque a data na que se elaborou a idea.
- Categoría profesional e temas de interese: son campos opcionais pero que aportan valor á idea e que permitirán a mesma aparecer nas buscas que fagan os diferentes usuarios e entidades.
- Breve resumo da idea.
- Necesidade detectada: indique que necesidade observou e que deu orixe á idea que presenta.
- Solución proposta: explique de forma concisa e clara como pode resolverse a necesidade detectada.
- Beneficios para o usuario do sistema público de saúde.
- Beneficios para o sistema público de saúde.
- Beneficios para outros axentes.
- Obxectivos e prioridades (estratexia SERGAS 2014, plan de prioridades sanitarias ou outros).
- Aspectos novidosos / Tipo de innovación.
- Contorno de desenvolvemento ou aplicación.
Así mesmo, deberá seleccionar, entre as opcións dispoñibles, os servicios que solicita ao presentar a idea. Pode seleccionar máis dun servizo.
Por último, deberá indicar os datos de contacto da persoa interlocutora da idea, concretamente o seu nome, teléfono e correo electrónico.
Para rexistrar a súa idea, non olvide facer clic en "Gardar" ao final do formulario, unha vez completara toda a información solicitada.
PASO 4: Avaliación da idea
O equipo avaliador das ideas revisará a información incluida nos campos de cada idea, para verificar que cumpre os requisitos. Este proceso tratarase de facer no menor tempo posible. Unha vez aprobada a idea, esta xa aparecerá publicada na plataforma. Pode consultar o estado da avaliación da súas ideas na súa área privada.
💡 Que utilidades ofrece o rexistro de ideas?
- Visibilidade: formar parte dun catálogo de ideas de innovación sanitaria, xa que a plataforma funcionaría como un repositorio.
- Networking: conectar con outros axentes do ecosistema e buscar outras ideas innovadoras.
- Sinerxias: compartir capacidades tecnolóxicas e atopar socios (partners) para proxectos colaborativos.