ENVÍA A TÚA IDEA OU PROXECTO
Comparte a túa proposta na Plataforma de Innovación Sanitaria e pon en contacto a túa idea ou proxecto con posibles axentes de I+D+i interesados en colaborar.
01
PREPARA A TÚA PROPOSTA
Recolle a información necesaria para explicar a túa idea ou proxecto de forma clara.
02
ENVÍA A PROPOSTA
Accede á túa área privada e completa o formulario da idea ou proxecto.
03
VALÍDASE
A información presentada é revisada antes da publicación.
04
CONECTA E COLABORA
A proposta pode facilitar novas conexións e posibles colaboracións.
01 · PREPARA A TÚA PROPOSTA

Antes de presentar a idea ou proxecto, prepara a información necesaria para explicar de forma clara a proposta, a necesidade detectada e o valor que pode achegar.

Se o consideras de interese, tamén poderás indicar a túa categoría profesional e os temas de interese. Estes campos son opcionais e poden facilitar que a proposta apareza nas buscas realizadas polos diferentes usuarios e entidades.

IDENTIFICACIÓN
  • Nome da idea e acrónimo.
  • Grupo que propón a idea, de ser o caso.
  • Data de elaboración.
  • Categoría profesional e temas de interese, de ser o caso.
DESCRICIÓN
  • Breve resumo da idea.
  • Necesidade detectada: indique que necesidade observou e que deu orixe á proposta.
  • Solución proposta: explique de forma concisa e clara como pode resolverse a necesidade detectada.
BENEFICIOS E IMPACTO
  • Beneficios para o usuario do sistema público de saúde.
  • Beneficios para o sistema público de saúde.
  • Beneficios para outros axentes.
OBXECTIVOS E INNOVACIÓN
  • Obxectivos e prioridades (estratexia SERGAS 2030, plan de prioridades sanitarias ou outros).
  • Aspectos novidosos / Tipo de innovación.
  • Contorno de desenvolvemento ou aplicación.
02 · ENVÍA A TÚA IDEA OU PROXECTO

Unha vez preparada a proposta, accede á túa área privada e completa o formulario correspondente.

Ademais da información da idea ou proxecto, deberás seleccionar, entre as opcións dispoñibles, os servizos que solicitas. Pode seleccionarse máis dun servizo.

Por último, deberás indicar os datos de contacto da persoa interlocutora da idea, concretamente o seu nome, teléfono e correo electrónico.

Para rexistrar a proposta, non esquezas facer clic en "Gardar" ao final do formulario, unha vez completada toda a información solicitada.
Accede á túa área de rexistro →
03 · VALIDACIÓN E PUBLICACIÓN

O equipo avaliador das ideas revisará a información incluída nos campos de cada proposta para verificar que cumpre os requisitos.

Este proceso tratarase de facer no menor tempo posible.

Unha vez validada a proposta, esta poderá aparecer publicada na Plataforma.

Podes consultar o estado da avaliación das túas ideas na túa área privada.

04 · CONECTA E COLABORA

Unha vez publicada, a túa idea ou proxecto poderá dar visibilidade á proposta dentro do ecosistema de innovación.

Outros axentes poderán identificar propostas de interese, coñecer as súas características e explorar posibles vías de colaboración.

Se existe interese e encaixe, as partes poderán contactar, compartir capacidades e acordar conxuntamente como avanzar no desenvolvemento da idea ou proxecto.


COMPARTE
Presenta a túa idea ou proxecto.
VALÍDASE
Revísase a información antes da publicación.
CONÉCTASE
Outros axentes poden identificar propostas de interese.
COLABÓRASE
As partes interesadas valoran posibles vías de colaboración.


Contidos relacionados

Plataforma de Innovación Sanitaria

Unha canle da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde xestionado pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde para transformar o sistema coa implantación dun modelo de innovación aberta e de enfoque social.

Contacto:
Área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria
Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)
Plataforma.Innovacion@sergas.es
(+34) 981 555 103