App Autoevaluación para o cribado de sinais de risco da Deterioración Cognitiva.
The Mind Guardian está dirixido a persoas a partir de 55 anos e o seu acceso gratuíto a través dunha Tablet Android. E obxectivo é que que o videoxogo chegue ao maior número de persoas usuarias do sistema público de saúde de Galicia. Actualmente con máis de 10.000 descargas.
The Mind Guardian foi deseñada como un videoxogo que permite recoller diferentes valores das probas que realiza a persoa usuaria. O seu funcionamento é moi sinxelo e consiste en 3 probas diferentes que medirán a memoria episódica, a memoria semántica e procedemental. A duración total da proba é de aproximadamente 40-45 minutos.