Ideas

THE MIND GUARDIAN

Necesidad detectada

A Sociedade Española de Neuroloxía destaca que a detección precoz do Alzheimer é clave, pero arredor do 50% dos casos diagnostícanse en fases moderadas e entre o 30 e o 50% das demencias nunca reciben un diagnóstico preciso. Por iso, considérase o futuro da sanidade desenvolver ferramentas accesibles que permitan avaliar o cerebro de forma sinxela e eficaz. Neste contexto nace The Mind Guardian como solución para facilitar a detección precoz.

O deterioro cognitivo é unha realidade que pode afectar a calquera persoa, e pode comezar a manifestarse moito antes do que adoitamos imaxinar. The Mind Guardian permítenos realizar un cribado de sinais de deterioración cognitiva de maneira áxil e eficaz. É crucial destacar que non estamos fronte unha ferramenta diagnóstica en si mesma, senón enfronte dun recurso cunha gran aplicabilidade na práctica clínica e na atención primaria. Deste xeito, promóvese un cribado domiciliario, facilitando un diagnóstico ou a detección de enfermidades en fase temperá, xerando un aforro no sistema asistencial.
Outro dos principais beneficiarios de The Mind Guardian é o ámbito académico. Na Universidade de Vigo empregaranse datos de interacción con fins científicos para mellorar algoritmos de detección de deterioración cognitiva. Ademais, o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur probará a aplicación en pacientes con outras patoloxías (depresión, esquizofrenia, adiccións e trastorno bipolar) para avaliar a súa validez como test de cribado.
The Mind Guardian encáixase coa estratexia do SERGAS porque apoia a prevención, a atención á cronicidade e a transformación dixital do sistema sanitario. Permite realizar un cribado precoz do deterioro cognitivo en maiores de 55 anos, favorecendo a detección temperá do Alzheimer e outras demencias. Isto aliñase co obxectivo do SERGAS de centrar o sistema no paciente e mellorar a súa autonomía. Ademais, promove a atención domiciliaria e reduce barreiras como o medo á contorna sanitaria. Tamén contribúe á eficiencia do sistema, xa que facilita a identificación de casos de risco sen saturar as consultas médicas. O uso de intelixencia artificial e gamificación encaixa coa aposta pola innovación tecnolóxica e a saúde dixital. A ferramenta apoia a investigación e a colaboración entre universidades e sistema sanitario. Finalmente, favorece a coordinación asistencial ao actuar como ferramenta de cribado inicial que orienta a derivación clínica.
O videoxogo combina tres elementos científico-tecnolóxicos: a gamificación de probas de memoria convencionais para a detección do deterioro cognitivo usados en contornas sociosanitarias coa análise baseada en intelixencia artificial e aprendizaxe automática (machine learning) e o cumprimento dos criterios de validez psicométrica na construción dos tests dixitalizados.

Plataforma de Innovación Sanitaria

Un canal de la Consellería de Sanidade y del Servizo Galego de Saúde gestionado por la Axencia Galega de Coñecemento en Saúde para transformar el sistema con la implantación de un modelo de innovación abierta y de enfoque social