QUE ME APORTA PARTICIPAR NA PLATAFORMA?
Comparte a túa idea ou proxecto e abre novas posibilidades de conexión e colaboración no ecosistema de innovación en saúde.
UN ESPAZO PARA CONECTAR
Participar na Plataforma permite dar visibilidade ás túas ideas e proxectos e facilitar o contacto con persoas, entidades e axentes de I+D+i que poidan achegar coñecemento, tecnoloxía, experiencia ou capacidades complementarias.
01
VISIBILIDADE
Dá a coñecer a túa idea ou proxecto dentro do ecosistema de innovación sanitaria e facilita que outros axentes poidan descubrir propostas que lles resulten de interese.
02
CONEXIÓN
Pon a túa proposta en contacto con entidades e axentes de I+D+i que dispoñan de coñecementos, tecnoloxías, experiencia ou capacidades complementarias.
03
COLABORACIÓN
Facilita o contacto con posibles socios para coñecer capacidades complementarias, intercambiar coñecemento e explorar novas vías de colaboración.
04
DESENVOLVEMENTO
Cando existe interese e encaixe entre as partes, a colaboración pode permitir avanzar conxuntamente no desenvolvemento da idea ou proxecto.
QUE PODES ATOPAR?
IDEAS
Novas propostas e proxectos de innovación en saúde.
ENTIDADES
Axentes de I+D+i con diferentes coñecementos, experiencias e capacidades.
CAPACIDADES
Tecnoloxía, coñecemento e experiencia que poden complementar unha proposta.
A Plataforma facilita a conexión. As posibles colaboracións establécense directamente entre as persoas e entidades interesadas, que valoran e acordan as vías para avanzar no desenvolvemento das propostas.
TES UNHA IDEA OU PROXECTO?
Compárteo na Plataforma e facilita que outros axentes poidan coñecelo e explorar contigo posibles vías de colaboración.
Envía a túa idea ou proxecto →



Plataforma de Innovación Sanitaria

Unha canle da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde xestionado pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde para transformar o sistema coa implantación dun modelo de innovación aberta e de enfoque social.

Contacto:
Área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria
Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)
Plataforma.Innovacion@sergas.es
(+34) 981 555 103