PREMIOS DE INNOVACIÓN EN SAÚDE
Recoñecendo ideas e proxectos que achegan innovación e valor ao sistema sanitario público.
UN RECOÑECEMENTO Á INNOVACIÓN EN SAÚDE

Os Premios de Innovación en Saúde recoñecen iniciativas e proxectos de innovación no ámbito sanitario, dando visibilidade a propostas desenvolvidas no sistema público de saúde e a iniciativas presentadas por pacientes e organizacións de pacientes.

Os premios inclúen categorías dirixidas a profesionais do sistema sanitario público galego e unha categoría específica para ideas presentadas directamente por persoas físicas, asociacións ou organizacións de pacientes.

01
PROFESIONAIS
Ideas innovadoras e proxectos desenvolvidos por profesionais do sistema sanitario público galego.
02
PACIENTES
Ideas presentadas por persoas físicas, asociacións ou organizacións de pacientes para contribuír á incorporación de innovación no ámbito sanitario.

Plataforma de Innovación Sanitaria

Unha canle da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde xestionado pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde para transformar o sistema coa implantación dun modelo de innovación aberta e de enfoque social.

Contacto:
Área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria
Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)
Plataforma.Innovacion@sergas.es
(+34) 981 555 103