Entidades

Grupo de Investigación REDE

Logo

Descrición da entidade

REDE é un grupo de investigación da Universidade de Vigo formado por arredor de 40 membros e centrado na xeración de coñecemento científico orientado á innovación, á transferencia e á colaboración entre universidade, administracións, empresas e sociedade. As súas principais liñas de investigación sitúanse no ámbito da excelencia operacional, así como nos da enerxía e o medioambiente, con aplicación en áreas de alta relevancia global como o cambio climático e a xestión no ámbito da saúde. REDE traballa cun enfoque interdisciplinar e aplicado, promovendo proxectos de I+D+i, actividades de asesoramento científico-técnico e accións de transferencia en ámbitos galegos, estatais e europeos. A través desta actividade, o grupo contribúe ao deseño e desenvolvemento de solucións innovadoras con impacto social, económico, ambiental e institucional, reforzando a conexión entre a investigación universitaria e os retos reais das organizacións e da sociedade.

Datos de Contacto
Dirección da entidade: Universidade de Vigo, Campus Lagoas-Marcosende, Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Email da entidade: rede@uvigo.gal
Teléfono da entidade: 986130108

Plataforma de Innovación Sanitaria

Unha canle da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde xestionado pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde para transformar o sistema coa implantación dun modelo de innovación aberta e de enfoque social