A Plataforma de Innovación Sanitaria é unha canle da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, xestionada pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, que facilita a conexión entre persoas, entidades e proxectos interesados en impulsar innovación no ámbito sanitario.
A Plataforma nace cun enfoque de innovación aberta e colaboración, creando un espazo no que profesionais, pacientes, coidadores, empresas, centros de coñecemento e outros axentes do ecosistema poden compartir ideas, proxectos e capacidades.
Unha idea ou un proxecto pode necesitar coñecemento, tecnoloxía, experiencia ou capacidades complementarias para avanzar.
A Plataforma facilita o matchmaking entre ideas e proxectos de innovación e posibles axentes de I+D+i interesados en colaborar no seu desenvolvemento.
A conexión pode producirse con entidades de Galicia, Portugal, do resto de España ou con outros axentes que poidan achegar capacidades relevantes.
A través da Plataforma, os diferentes axentes poden: