REDE DE NODOS DE INNOVACIÓN
A Rede de Nodos de Innovación é unha ferramenta para facilitar e promover a achega de ideas á Plataforma de Innovación Sanitaria por parte dos profesionais do Sistema Público de Saúde de Galicia.
A súa concepción parte da necesidade de tecer unha rede flexible que permita que os médicos, os profesionais de enfermería e os xestores sanitarios actúen como intraemprendedores capaces de promover a mellora continua de todo o sistema achegando ideas concretas.
Sete nodos. Cada unha das sete Áreas Sanitarias do Sergas funciona como un nodo de innovación recollendo, xestionando e canalizando os inputs que recibe dos seus profesionais e compartíndoos co conxunto do sistema baixo un modelo de gobernanza coordinado e aberto.
Os nodos realizan tarefas de dinamización, formación e promoción da innovación aberta entre os seus profesionais, á vez que lles prestan soporte na xestión e o acceso ao financiamento unha vez que as súas ideas se converten en proxectos.