Os Premios de Innovación en Saúde recoñecen iniciativas e proxectos de innovación no ámbito sanitario, dando visibilidade a propostas desenvolvidas no sistema público de saúde e a iniciativas presentadas por pacientes e organizacións de pacientes.
Os premios inclúen categorías dirixidas a
profesionais do sistema sanitario público galego e unha categoría específica para ideas presentadas directamente por
persoas físicas, asociacións ou organizacións de pacientes.