Os Premios de innovación en saúde pretenden premiar aquelas ideas innovadoras dos profesionais do sistema sanitario público galego así como proxectos de innovación máis maduros ou xa desenvolvidos que se poidan extrapolar ao resto das áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
V Edición. Premios de Innovación en Saúde 2025
O segundo premio foi para o equipo de fisioterapia comunitaria da A.S. Vigo, que presentou “
Activa a túa saúde”, un programa que combina a educación para a saúde co exercicio terapéutico, facilitando a integración coa comunidade.
IV Edición. Premios de Innovación en Saúde 2024
O gañador desta edición foi o “
Proxecto VidAped: Videoconferencia na consulta preAnestésica Pediátrica”, presentado por María Doniz Campos, Mª Jesús Fernández Cebrián e Rafael Pita-Romero Caamaño que propón a utilización de novos recursos como a videoconferencia para mellorar a prestación de servizos, comezando por doentes pediátricos con diversidade funcional.
O segundo premio recaeu na proposta “
Cronicidade360: unha ferramenta de saúde en base a IA”, presentado polo equipo formado por Mónica Martínez García, José Álvaro Fernández Rial, Juan Carlos Piñeiro Fernández e Roi Suárez Gil. O proxecto proposto é unha ferramenta dixital interactiva para control asistencial domiciliario que fusiona a perspectiva do paciente coa intelixencia artificial para anticipar e detectar descompensacións segundo os resultados en saúde en pacientes crónicos complexos.
III Edición. Premios de Innovación en Saúde 2022
O gañador desta edición foi Frank Alberto Betances Reinoso, co seu proxecto “
Asistente virtual para rehabilitación e terapia de linguaxe”, que propón a dixitalización e desenvolvemento dun programa de estimulación temperá baseado nun asistente virtual que permita guiar aos pais para implementar programas de estimulación e rehabilitación domiciliaria.
O segundo premio recaeu na proposta “
Proxecto para a implantación de asistencia domiciliaria en nenos no marco dun programa de coidados paliativos”, presentado por Paula Buyo Sánchez, Ana Alas Barbeito e Gema Muñoz García, e que propón a creación dunha unidade transversal formada por pofesionais con formación específica en Coidados Paliativos Pediátricos, e que desenvolvan parte do seu labor asistencial en diferentes subespecialidades, como oncoloxía infantil, neuropediatría e coidados intensivos pediátricos, incluíndo a asistencia presencial, telefónica e no domicilio.
II Edición. Premios de Innovación en Saúde 2020
O proxecto que resultou gañador desta edición foi "
TelecardioCHUS" , presentado polo equipo formado por José Ramón González Juanatey, Alejandro Virgós, Pilar Mazón e Rosa Represas, permitirá adaptar o modelo asistencial baixo a premisa de resolver no nivel asistencial axeitado os actos médicos, para evitar aqueles que non aporten valor nin aos pacientes nin ao sistema.
O segundo premio recau no programa "
ReCO, de rehabilitación cardio-oncolóxico", presentado polo equipo composto por Bibiana Villamayor Blanco, Carlos Peña Gil, Milagros Pedreira Pérez e José Ramón González Juanatey, incide no uso dos espazos dispoñibles para a Rehabilitación Cardíaca co ánimo de desenvolver programas de rehabilitación en pacientes con cancro. Neste senso preténdese convertelos nunha ferramenta terapéutica que contribúa á mitigación dos seus efectos secundarios.
I Edición. Premios de Innovación en Saúde 2019
O proxecto premiado na categoría profesional foi o presentado polas doutoras da área sanitaria de Ferrol, Nuria Oliver, Maria Dolores Álvarez e Rosa Arroyo, consistente no desenvolvemento dun instrumento que permita explorar e obter a fotografía do fondo ocular coa axuda dunha lente de condensación de 20 e/ou 28 dioptrías e un smartphone.