A conexión entre
investigación e innovación
protagonizou outra das mesas do Congreso, baixo o lema "Como transformar ideas en proxectos financiables e útiles?".
Moderada por José Manuel Rosendo Fernández, contou coa participación de Mariña Pollán Santamaría, directora do Instituto de Saúde Carlos III; Eva Poveda López, desde a dirección científica do IIS Galicia Sur; Anxo Fernández Ferreiro, do ámbito de Farmacia do CHUS; e María Dolores Quintas Abadín, da asociación RENACER, que incorporou ao debate a perspectiva do paciente.
A mesa permitiu abordar o percorrido que existe entre unha idea inicial e a súa transformación nun proxecto viable, destacando a importancia das estruturas de apoio á investigación, a experiencia dos profesionais e a incorporación da voz dos pacientes ao proceso innovador.